Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
NovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e GastronomíaServizos Mancomunados
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

Olas

Está formada polas aldeas das Calles, A Carballa, O Carballal, Cima de Vila, A Hedra, A Igrexa, Leborís, Mandás, Mato de Abaixo, Mato de Arriba, Meilán, As Pereiras, O Piñeiro, Queiroa de Abaixo, Queiroa de Arriba, Soutelo e O Xiao.

Arquitectura relixiosa

Igrexa parroquial, que data do ano 1680, correspondente ao barroco, aínda que en 1968 sufriu unha modificación, na que se substituíron por formigón os arcos que posuía e se recebaron os seus muros.

Consérvase unha lápida conmemorativa e máis un escudo que lembra os autores da obra e a data desta construción.

Na fachada destaca a espadana no eixo central, aínda que carece de ornamentación algunha.

A capela de San Cidre é unha pequena construción barroca, de moi reducidas dimensións, que alberga no seu interior un retablo formado por varias imaxes, das que cabe destacar a do patrón da capela.

Festividades e santuarios

O día 15 de maio celébrase o San Cidre
O 10 de xuño celébranse as Misas
O Santo Antón é o día 13 de xuño
Na honra a San Lourenzo os días 10 e 11 de agosto

Onde queres ir?
Categoría

Cerca de Olas
Área recreativa Ponte Carballa - Natureza
Mesía (1.73 km)
Área recreativa Ponte Carballa de Abellá - Natureza
Frades (1.84 km)
Igrexa parroquial de Santiago de Vilamaior - Arquitectura Relixiosa
Ordes (2.04 km)
Vilamaior - Parroquias
Ordes (2.14 km)
Parroquia de Abellá - Parroquias
Frades (2.65 km)