Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

Xanceda

A súa superficie é de 16,33 km2 e as súas aldeas son: Arosa, O Beledo, Os Camiños, O Campo das Mentiras, O Campo, A Casagrande, A Casanova, O Castro, Os Corrillos, O Couto, A Fonte, A Fraga, A Igrexa, Mata, As Pereiras, Pereiruga, Reboredo e Xanceda Vella.

Arquitectura relixiosa

Igrexa parroquial que data do séc. XVIII, con planta en cruz latina. Destaca a súa sinxeleza en canto á ornamentación. No interior sepárase o presbiterio do resto da construción por un arco de triunfo.
A súa fachada deixa á vista a pedra con que foi construída. Os únicos ornamentos que mostra son os pináculos da espadana.

Arquitectura civil

En Xanceda atopamos unha das denominadas Casas Grandes, que era unha casa señorial na que se dedicaban á explotación agrícola.
Construída no séc. XVIII, xa nada queda dunha torre grande e máis dunha pequena capela, que desapareceron debido á ampliación de estancias que se fixeron na casa, pois o labor da explotación foi pasando de xeración en xeración. A día de hoxe na Casa Grande de Xanceda atópase unha das maiores granxas ecolóxicas de toda Galicia. 

Esta casa pertenceu ao Marquesado de San Martiño de Ombreiro. Tamén cumpriu as funcións de concello ata hai uns cincuenta anos.
A súa planta é en forma de “L” e conserva unha pequena torre de planta cadrada.
A falta de ornamento exterior, deriva nunha boa rehabilitación do interior.

Santuarios e festividades

As Misas o día 6 de agosto.
San Bartolomeu os días 24 e 25 de agosto.
Na honra ao Divino Salvador os días 25 e 26 de decembro.

Onde queres ir?
Categoría

Cerca de Xanceda
Piscina Municipal - Lugares de interese
Mesía (1.64 km)
Casa Grande Xanceda - Lugares de interese
Mesía (2.43 km)
Igrexa parroquial e Cruceiro de Vitre - Arquitectura Relixiosa
Frades (3.04 km)
Parroquia de Vitre - Parroquias
Frades (3.04 km)
Albixoi - Parroquias
Mesía (3.27 km)