Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
NovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e GastronomíaServizos Mancomunados
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

Igrexa, Campanario e Cruceiro de San Mamede de Berreo

Igrexa de planta cruciforme, resultado de unir a unha nave lonxitudinal dous pequenos corpos laterais, que albergan dous pequenos altares. A sancristía, engadida na parte posterior do altar, é de menor altura e anchura.

Os materiais empregados son a pedra, en forma de cantería na fachada e cachotería no resto, e a tella nas cubertas.

A fachada principal, de gran sobriedade, polo feito de carecer de campanario, que se atopa á parte, mantén a disposición tradicional, coa porta, a fornela co santo titular e un van nun mesmo eixo central. As esquinas da fachada remátanse con pináculos de bólas sobre base de aplacados. As cubertas interiores son bóvedas de canón que, no caso da nave, se reforzan con arcos faixóns.

Posúe coro de madeira elevado nos pés. O campanario, tamén sinxelo, é de sección cadrada e aparece rematado por unha cúpula de pedra octogonal.

Cruceiro: situado dentro dunha fermosa carballeira nas inmediacións da igrexa parroquial, que dá acceso a esta.  De cantería asentado sobre tres chanzos nos que se ergue a base cuadrangular. Pousadoiro apegado. Varal liso cadrado con mediacana. Capitel trapezoidal (roto) historiado con figuras en relevo nas súas catro caras (un bispo, Virxe pregando, San Francisco, e outra) rematado en volutas nos ángulos, e  cunha cruz coas imaxes de Cristo crucificado, por un dos seus lados, e unha Ascensión polo seu reverso.

Onde queres ir?
Categoría

Cerca de Igrexa, Campanario e Cruceiro de San Mamede de Berreo
Berreo - Parroquias
Trazo (1.57 km)
Ermida de Santa Eufemia e San Mateo en Vilouchada - Arquitectura Relixiosa
Trazo (2.38 km)
Igrexa e Cruceiro de Santa María de Morlán - Arquitectura Relixiosa
Trazo (2.87 km)
Morlán - Parroquias
Trazo (2.95 km)
Igrexa e Cruceiro de Santa María de Castelo - Arquitectura Relixiosa
Trazo (3.35 km)