Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

Igrexa e Cruceiro de Santa María de Castelo

Igrexa parroquial de planta rectangular con presbiterio indiferenciado. Corpo apegado no extremo norte da cabeceira correspondente á sancristía. Cuberta a dúas augas. Muros de cachotería revocada e pintada en cor branca agás esquinais e recercados de cantería. Fachada principal realizada en cantería con porta lintelada e oco rectangular sobre ela para alumear o coro. O elemento máis salientable: a espadana barroca de dous ocos para as campás e un oco menor sobre elas, ornamentada con pináculos e rematada en cruz.

Cruceiro: de cantería asentado sobre tres chanzos nos que se ergue a base cuadrangular, que remata en chafráns. Varal liso octogonal que comeza e remata cadrado. Capitel cilíndrico con astrágalo circular liso, ábaco de lados curvos e vértices chafranados, volutas, follas e caras, e rematado nunha cruz na que figuran as imaxes de Cristo crucificado, por un dos seus lados, e unha ascensión cunha coroa metálica polo seu reverso.

Onde queres ir?
Categoría

Cerca de Igrexa e Cruceiro de Santa María de Castelo
Casa reitoral de Santa María de Castelo - Patrimonio Civil
Trazo (0.01 km)
Castelo - Parroquias
Trazo (0.37 km)
Trasmonte - Parroquias
Oroso (2.38 km)
Berreo - Parroquias
Trazo (2.74 km)
Leobalde - Parroquias
Tordoia (2.85 km)