Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

Área recreativa, praia fluvial e carballeira de Chaián

O Tambre regala un dos seus mellores recantos en Chaián, a área de lecer pública coa súa propia praia fluvial. Aquí pódese pescar ou simplemente deixarse levar polo verdadeiro significado do termo descanso á sombra da frondosa vexetación de carballos, ameneiros e castiñeiros. As camiñadas por estes contornos naturais constitúen o maior aliciente para o turismo rural e en Trazo non faltan oportunidades para gozar deste tipo de viaxe alternativa, onde o descanso, o contacto coa natureza, a práctica de deportes e os xogos populares, xunto co goce da gastronomía tradicional, son a mellor terapia contra o acelerado balbordo dos novos tempos.

En Chaián a man do home fixo máis transitables unhas ribeiras de soño, onde o Tambre non é o único protagonista. A frondosidade das súas ribeiras, con carballos e ameneiros centenarios, é extraordinaria. É un lugar idóneo para desfrutar da natureza, para bañarse no verán ou ir de pesca na primavera, porque din que aquí hai excelentes troitas. Unha carballeira rehabilitada como merendeiro é pequena praia fluvial dende 1992, cuxa vexetación salvaxe promete relaxantes camiñadas e o descubrimento de espazos virxes.

As augas deste río, que regan esta gran comarca agrícola, son testemuño e espello neste tramo no mes de xullo da tradicional Festa do Escalo, porque o Tambre, ademais de en vexetación, tamén é rico en numerosa fauna.

 

 

Onde queres ir?
Categoría

Cerca de Área recreativa, praia fluvial e carballeira de Chaián
Ruta sendeirismo "A Carballeira de Chaián" - Parroquias
Trazo (0.04 km)
Chaián - Parroquias
Trazo (2.23 km)
Igrexa e Cruceiro de Santa María de Chaián - Arquitectura Relixiosa
Trazo (2.30 km)
Casa reitoral de Santa María de Chaián - Patrimonio Civil
Trazo (2.33 km)
Ermida de Augas Santas - Arquitectura Relixiosa
Trazo (2.60 km)