Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

Batáns e muíños de Oa

Ao longo do río Chonia atopámonos cunha serie de construcións da arquitectura tradicional da zona. Trátase dun conxunto de vellos muíños e batáns localizados na parroquia de Xavestre. Antigamente a xente baixaba ao río e levaban a “bater” o tecido feito un nobelo que se metía na pía deste aparello de madeira, botando auga sen parar por encima del para que non se queimase coa fricción dos golpes repetidos dos manlles. O proceso podería durar toda a noite.

Tres eran os vellos batáns do río Chonia; dous deles xa traballaban dende o ano 1750. Actualmente só se mantén o Batán de Neiro de Oa, o de Carballo de Tarrío levouno unha riada e o de Pardal de Oa estase deteriorando lentamente.

Sábese que estas construcións arquitectónicas estaban integramente feitas de madeira dura. Unicamente nos últimos anos comezouse a empregar o ferro para os veos e a fixación da roda e das pas.

Tanto os batáns coma os muíños desta zona constitúen un gran valor simbólico polo que merecen a pena ser visitados pola curiosa paisaxe que se forma na zona a escasos metros da desembocadura do Chonia no río Tambre. 

Onde queres ir?
Categoría

Cerca de Batáns e muíños de Oa
Capela de San Xosé de Oa - Arquitectura Relixiosa
Trazo (1.15 km)
Pombal na Igrexa de Xavestre - Parroquias
Trazo (2.78 km)
Casa reitoral de San Cristovo de Xavestre - Patrimonio Civil
Trazo (2.81 km)
Igrexa e Cruceiro de San Cristovo de Xavestre - Arquitectura Relixiosa
Trazo (2.86 km)
Xavestre - Parroquias
Trazo (2.93 km)