Casa Rosinda
981 699 035 / 609 832 010 |
info@casarosinda.com |
Modélica casa rural próxima ao paraíso de Chaián. Unha antiga casa de labranza que conserva o seu hórreo como símbolo e todo un contorno pétreo magnífico. A súa edificación orixinaria data de principios do século XX e corresponde a unha tipoloxía de arquitectura tradicional.
Cuns acolledores cuartos onde aloxarse e uns agradables salóns para relaxarse, Casa Rosinda funciona ademais como restaurante, onde se poden degustar exquisitos produtos relacionados co campo. Hai que probar aquí unha das súas especialidades, a costeleta de boi, para obter así unha boa mostra da gastronomía do municipio.
Casa Rosinda, como diciamos, para descansar, e o seu contorno para desfrutalo. Porque o contorno é a área de recreo mellor dotada de todo o curso do Tambre a unha e á outra beira. E isto demóstrano o gran número de excursionistas que, cando é verán, deixan a praza do Obradoiro para ir comer a Chaián ou simplemente a refrescarse.
Mesía (37.70 km)
Ordes (20.27 km)
Mesía (36.38 km)
Mesía (44.94 km)
Trazo (3.85 km)