Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
A EXPOSICIÓN ITINERANTE A RUTA DOS MUSEOS: CAMIÑOS DA ARTE CHEGA A CERCEDA
08/09/2020 (Cerceda)

Desde o 8 de setembro ata o 25 de setembro,   desde Gandía, chegan ata o noso concello obras de pintores de todas as partes de España,  e parte do estranxeiro, como     dous     autores     achegados     da     República Dominicana   e   outros   dous   de   Francia   e Colombia.  Todos  eles  están  dentro  desta  exposición itinerante coñecida como a Ruta dos Museos: Camiños da Arte.
Os    autores    reflicten    na    súas    obras    diferentes temáticas,   estilos   e   técnicas,   que   van   desde   o abstracto, realismo, naïf... Así o relatou nos  diferentes  contactos  telefónicos  que mantivemos con ela dende o concello a comisaria da exposición,  Liliana  Hernández,  así  como  a  súa  pena por   non   poder   achegarse   a   Cerceda   a   esta   nova inauguración,  pola  situación  da  Covid-19  en xeral.  Liliana  Hernández  é  a  encargada  de  xestionar  a asociación  sen  ánimo  de  lucro  do  Círculo  Artístico Reino de Valencia.
A exposición vai contar con 39 cadros de 30 creadores, algúns deles premiados, consolidados, e outros emerxentes.
A duración só vai ser dun mes, xa que ao ser unha exposición itinerante, a fin de mes trasládase a outro concello, así que nos vemos na obriga de adaptar esta circunstancia á normativa de peche de instalacións deportivas e culturais de xestión municipal que o Concello de Cerceda adoptou o venres pasado.
As obras estarán expostas na Biblioteca Municipal de Cerceda, na aula de exposicións Xosé Neira Vilas.
 
Debido á situación de excepcionalidade que estamos a vivir pola COVID-19, a exposición vai ser con cita previa. Pode solicitarse no 981685036.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo