Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
APERTURA DO AQUAPARK DE CERCEDA O 1 DE XULLO
08/06/2020 (Cerceda)

O 1 de xullo dá comezo a campaña 2020 do Aquapark de Cerceda, marcada polos criterios sanitarios que se deben seguir para minimizar a potencial transmisión do Covid-19 e proporcionar un ambiente de seguridade salubre nas instalacións do recinto do parque acuático.

A campaña vai ter unha duración de dous meses, xullo e agosto, e manterá os horarios e as tarifas da campaña 2019.

Como novidade, para a prevención do Covid-19, ampliamos o espazo da zona de toallas, alfombra desinfectante no acceso ao parque, hidroxeles de desinfección no acceso ás atraccións, control de aforo cun número máis baixo do permitido e distribución do persoal ampliado en número, de tal xeito que se leve un control do mantemento de distancias e a limpeza de xeito máis rigoroso. A todos estes cambios iremos engadindo os que se nos esixan para o desenvolvemento dunha actividade segura para as persoas que nos visiten e para o noso persoal.

Todas as novidades relacionadas cos novos protocolos de actuación e decisións que se vaian tomando que afectarán aos usuarios e usuarias do parque acuático vanse ir comunicando a través destas vías:

Páxina oficial do Aquapark:

•      www.aquaparkcerceda.es

      Redes sociais:

•      Facebook: Aquapark Cerceda e Turismo Cerceda

•      Instagram: turismo.cerceda


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo