Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Dende o Concello de Cerceda convídase a coñecer os museos cercedenses
08/10/2019 (Cerceda)

As visitas guiadas gratuítas que se ofrecen axéitanse á curiosidade da persoa visitante, polo que pode percorrelos todos ou só aqueles que máis lle chamen a atención

Os museos cos que contamos son:

- O Ecomuseo, onde a riqueza paisaxística, medioambiental, industrial, histórica e humana de Cerceda aparece representada.

- O Museo do Moucho, único e peculiar, homenaxea a unha ave tradicionalmente rexeitada polo mal agoiro que representaba.

- O Museo da Minería amosa a gran pegada paisaxística e socioeconómica que supuxo a explotación mineira de carbón en Cerceda.

- O Xardín Botánico e a Aula da Natureza constitúen un recanto natural para o paseo e o descanso, cun fin didáctico, achegándonos aos nosos ecosistemas.

As persoas interesadas nas visitas guiadas deberán reservar:

- Teléfono 682348556/981685001

 -Correo museos@cerceda.es  ou  infoturismo@cerceda.es

O horario para quen solicite cita previa para a visita guiada é:

De luns a venres de 9:30 a 16:00 horas.

Polas tardes de 16:00 a 18:00 horas.

Sábados de 10:00 a 13:00 horas.

Para máis información www.cerceda.org no apartado de museos ou no Facebook Turismo Cerceda e Ecomuseo de Cerceda.

 

 

 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo