Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Comezan as obras de humanización da contorna do centro de saúde de Abellá, que teñen un prazo de execución de 2 meses
05/03/2020 (Frades)

As obras suporán un investimento de case 85.000 €, financiados nun 70% pola Xunta de Galicia e nun 30% polo Concello de Frades ao abeiro do Plan Hurbe

5 de marzo de 2020.- As obras de humanización da contorna do centro de saúde de Abellá, adxudicadas a Bcnor Gestión y Soluciones Avanzadas SL por 84.435,87 euros, veñen de iniciarse esta semana. Uns traballos froito dun convenio asinado o ano pasado polo alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, ao abeiro do Plan Hurbe, polo que a Xunta de Galicia asumirá o 70% do investimento e o Concello de Frades o 30% restante.

 

Roberto Rey explica que as obras buscan “acadar unha contorna máis agradable para os veciños e veciñas, polo que se reformulan os peches e muros actuais da contorna do centro de saúde de Abellá, se soterrarán as liñas aéreas e se substituirán as luminarias actuais por outras con tecnoloxía LED”. Unhas obras que se iniciaron no mes previsto e que se agarda que rematen nun prazo máximo de 2 meses.

 

Así, os traballos comezaron esta semana por levantar todas as tullas que limitan a parcela ao carón do centro de saúde, así coma os tocos das antigas tullas que se atopaban nos laterais da praza. Despois procederase a substituír o muro de formigón que serve de peche á parcela, dado que o seu espesor é moi reducido e presenta deterioración e fisuras nalgunhas zonas, posiblemente debido a unha falta de cimentación.

 

As obras permitirán unificar a pavimentación interior da praza, actualmente con varias zonas diferenciadas. No seu lugar, apostarase por un pavimento continuo de formigón coloreado. Así mesmo, o peche será substituído por un novo. Finalmente, substituirase o alumeado público, actualmente en mal estado de conservación e que non achega calidade luminosa, por outras novas de tecnoloxía LED, aproveitando tamén para soterrar as liñas aéreas que cruzan a praza.

 

 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo