Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Corenta veciños e veciñas de Frades visitan o mosteiro de Oseira durante a súa peregrinación entre San Cristovo de Cea e Dozón
10/03/2020 (Frades)

Abertas as inscricións para a próxima etapa: sábado 28 de marzo, Dozón - Bendoiro (Lalín)

10 de marzo de 2020.- Un total de 40 veciños e veciñas de Frades participaron na cuarta etapa do Camiño de Santiago “Vía da Prata”, que tivo lugar este sábado organizada polo Concello de Frades. A expedición cubriu os 19 quilómetros que separan San Cristovo de Cea e O Castro (Dozón). O tempo acompañou e os “peregrinos” fradenses mesmo se animaron a facer unha visita ao mosteiro de Oseira.

 

Se a climatoloxía o permite, a próxima cita terá lugar o sábado 28 de marzo, data na que se percorrerán os 18,8 quilómetros que separan Dozón de Bendoiro, no municipio de Lalín. O prezo mantense nos 10 euros por persoa (non inclúe xantar) e as inscricións poden formalizarse no Concello de Frades ou chamando aos teléfonos 981 695 567 ou 981 695 663.

 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo