Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Entrega de diplomas ás nove mulleres de Frades que remataron as 200 horas teóricas do curso de monitora de tempo libre
17/09/2020 (Frades)

17 de setembro de 2020.- Nove mulleres de Frades veñen de rematar as 200 horas formativas dun curso de monitora de tempo libre organizado polo Concello de Frades e impartido por persoal da Escola Galega de Tempo Libre. O concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro Marzoa, foi o encargado de entregarlles os diplomas conmemorativos da súa asistencia ao curso, xa que o título oficial que expide a Xunta de Galicia chegará cando se cubran as 150 horas de prácticas, que as alumnas deberán realizar no prazo de 2 anos.

 

Un feito que salientou Ferreiro Marzoa, quen animou ás presentes a completar a formación recibida coas correspondentes prácticas laborais “para poder así obter un título oficial expedido pola Xunta de Galicia e que vos abrirá novas portas ao mundo laboral”. A entrega de diplomas tivo lugar no multiúsos de Frades, que acolleu as 90 horas de sesións presenciais obrigatorias nos meses de xuño, agosto e setembro.

 

Unhas clases presenciais que foron complementadas con 110 horas de formación en liña en materias como lexislación, animación e xogos, animación deportiva, primeiros auxilios, educación ambiental... Para facilitar a formación da mocidade do municipio, o Concello de Frades subvencionou con 50 euros os 250 euros do prezo oficial da matrícula.

 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo