Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Frades e Mesía invisten máis de 50.000 € do Fondo de Compensación Ambiental en maquinaria para conservar as zonas verdes
30/10/2019 (Frades)

Adquiriron dúas máquinas rozadoiras e dous cortacéspedes profesionais

30 de outubro de 2019.- Os Concellos de Frades e Mesía veñen de recibir a maquinaria para a realización de traballos de recuperación e conservación medioambiental nos dous termos municipais. As dúas máquinas rozadoiras profesionais e os dous cortacéspedes profesionais foron adquiridos por 51.274,96 euros á empresa Maquinaria Agrícola Carpintero SL, por ser a mellor oferta recibida no proceso de licitación promovido polo Concello de Frades e ao que se presentaron catro empresas.

 

A adquisición destas catro máquinas profesionais faise con cargo á subvención concedida polo Fondo de Compensación Ambiental, promovido pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de Galicia. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, agradeceu o compromiso da Xunta cos concellos de Frades e Mesía pois “esta maquinaria é moi necesaria para poder facer traballos de recuperación e conservación medioambiental tales como a mellora das nosas prazas públicas, dos nosos paseos, das nosas áreas recreativas ou das nosas rutas de sendeirismo”.

 

Tanto os cortacéspedes como as rozadoiras son vehículos autopropulsados, con motores de 4 tempos e unha potencia de entre 20 e 24 CV. Todas elas contan cun sistema de corte adaptado a un mínimo de 6 alturas diferentes, para poder así acometer distintos tipos de traballo, e unhas dimensións reducidas, para o seu doado traslado e manexo. Os cortacéspedes teñen unha capacidade de recollida de ata 550 litros, mentres que as rozadoiras ofrecen un rendemento de, cando menos, 9.500 m2/hora.

 

Esta non é a primeira vez que os Concellos de Frades e Mesía se xuntan para adquirir maquinaria con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental. En novembro de 2013, ambos os municipios investiron os 70.000 euros achegados pola Xunta de Galicia na compra, precisamente, doutros dous tractores cortacéspede e dúas rozadoiras.

 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo