Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Máis de corenta nenos e nenas participan nos Campamentos de Verán do Concello de Frades
17/07/2020 (Frades)

17 xullo de 2020.- Unha media superior aos corenta nenos e nenas, de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, participan nos Campamentos Municipais de Verán, un programa de conciliación da vida laboral e familiar organizado polo Concello de Frades durante as vacacións escolares e que este ano inclúe medidas especiais de prevención fronte ao Covid-19. Así mesmo, o Concello de Frades ampliou a oferta durante unha quincena sobre o ano anterior pero mantendo os mesmos prezos.
 
O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, explica que “a seguridade dos nosos nenos e nenas é a prioridade absoluta. Por iso tratamos de que a maior parte das actividades teñan lugar ao aire libre, en espazos abertos como os polideportivos ou a piscina municipal. Neste sentido, tamén agradecemos a colaboración do CPI de Ponte Carreira, que puxo á nosa disposición as amplas instalacións das que dispoñen”. 
 
Neste sentido, os nenos e nenas participan nas actividades tradicionais destes campamentos: obradoiros de traballos manuais, cociña, xogos, deportes, natación, sendeirismo... Pero sempre mantendo a distancia de seguridade ou levando máscaras de protección en caso contrario. “Un exemplo do coidado que se emprega é que ningún neno ou nena comparte o material das actividades con outro, cada un ten o seu propio para evitar calquera risco”, sinala o alcalde de Frades. Unhas medidas ás que se suman outras como a de contar con máis monitores/as, tomar a temperatura con termómetro de infravermellos, desinfección de calzado e de mans, así como das instalacións a empregar: piscina, pavillóns polideportivos, campos de fútbol e CPI Ponte Carreira, que este ano substitúe ao multiúsos de Frades por ser unhas instalacións máis amplas.
 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo