Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Novo récord de participación na clásica saída a Xuvenlugo: 120 veciños e veciñas de Frades
02/01/2020 (Frades)

2 de xaneiro de 2020.- Un total de 120 veciños e veciñas de Frades participaron na xa clásica saída que organiza todos os anos o Concello de Frades a “Xuvenlugo”, unha feira lucense que inclúe diversas atraccións e xogos dirixidos ao público infantil e xuvenil. Unha cifra que supón un novo récord de participación consecutivo, xa que o ano pasado se superara a barreira dos cen participantes cun total de 110 persoas.

 

En Xuvenlugo, os veciños e veciñas puideron desfrutar dos inchables, dos coches de choque e do muro de escalada, así como participar nos obradoiros (de videoxogos e globoflexia) e varias atraccións (tren da bruxa, saltón e camas elásticas) ás que daban acceso a entrada ao recinto. As outras actividades (como a tirolesa, o paintball, o minigolf, o scaléxtric ou o kárting infantil) non estaban incluídas na entrada, pero non foron poucas persoas as que participaron nelas.

 

O Concello de Frades puxo o servizo de autobús de balde para todos os veciños e veciñas, que só tiveron que aboar a entrada ao recinto, que era de 5 euros. As persoas non empadroadas en Frades si tiveron que aboar 3 euros adicionais para sufragar a viaxe en autobús.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo