Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
O Concello de Frades acomete tarefas de limpeza e desinfección nas zonas máis concorridas do municipio
30/03/2020 (Frades)

Agradece a doazón de líquido desinfectante por parte da empresa ordense Óptima Productos Agrarios SL

30 de marzo de 2020.- O Concello de Frades está a acometer tarefas de limpeza e desinfección das zonas máis concorridas do municipio durante a corentena do coronavirus COVID-19. Uns traballos que se centran nos exteriores dos centros abertos ao público en Frades como as tendas de alimentación, supermercados, estancos… así como no tanatorio ou o centro de saúde de Ponte Carreira, cuxo interior tamén foi desinfectado.

 

O alcalde de Frades, Roberto Rey, agradece a o traballo que está a desenvolver o persoal municipal así como a recente doazón de 1.200 litros de líquido axeitado para a desinfección das rúas doado pola empresa ordense Óptima Productos Agrarios SL aos concellos de Frades, Mesía, Ordes, Tordoia e Trazo. Unha achega que permitirá dispoñer de 1,5 millóns de litros de auga para a desinfección dos principais espazos públicos destes cinco municipios.

 

Positivo en illamento domiciliario

 

Por outra banda, o Concello de Frades confirma que a persoa que deu positivo no test do coronavirus COVID-19 se atopa illada na súa vivenda e con seguimento telefónico. Unha persoa á que lle desexa unha pronta e satisfactoria recuperación, ao tempo que manifesta o seu total apoio á súa familia. Así, Roberto Rey pídelle tranquilidade á veciñanza e “o máximo dos respectos e evitar continuar a crear bulos e a afirmar ou supoñer sen contrastar. Os facultativos sanitarios xa se encargaron de analizar este, como todos os casos, de acordo cos protocolos establecidos”.

 

Neste sentido, o alcalde de Frades insiste en recordar que “é fundamental cumprir todas e cada unha das obrigas e recomendacións do estado de emerxencia sanitaria. Non saiades da casa máis que para o estritamente esencial e moito menos seguir a buscar escusas sen sentido para facelo. Non estamos para dar salvocondutos por moito que nos preguntedes”. Finalmente, Rey Martínez agradece a colaboración ofrecida pola maioría da veciñanza de Frades pois “cada vez que evitamos un contaxio, todos e todas gañamos. Non sexamos irresponsables porque esta loita é de todas e todos e unidos imos gañala”.

 

 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo