Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
O Concello de Frades adquire e entrega sete portátiles con conexión a Internet para o alumnado do CPI de Ponte Carreira
21/04/2020 (Frades)

21 de abril de 2020.- O Concello de Frades vén de entregarlle ao CPI de Ponte Carreira un total de sete ordenadores portátiles con conexión a Internet para repartir entre os nenos e nenas do municipio que carecían de medios para acceder á educación á distancia. Unha achega realizada polo concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro, quen explica que “con esta medida, o Concello de Frades pretende que ningún neno ou nena quede atrás mentres dure esta crise do coronavirus”.

 

Estes sete ordenadores únense aos tres achegados pola Xunta de Galicia, de forma que todos os nenos e nenas do municipio contan xa con medios telemáticos para continuar coa súa formación dende a casa. Uns equipos que xa foron recollidos polas familias no CPI de Ponte Carreira, que os citou en diferentes quendas con 20 minutos de separación.

 

A maiores, o Concello de Frades tamén procedeu ao reparto a domicilio dos libros que o alumnado tiña no colexio e ten en marcha un servizo de impresión de deberes, que se entregan semanalmente nas vivendas do alumnado que o precisa. Ferreiro Marzoa apunta que “seguimos á disposición do colexio e das familias do alumnado do CPI de Frades para intentar solucionar todas as dificultades que poidan xurdir durante este tempo de confinamento nas casas”.

 

 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo