Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
O Concello de Frades agradece a colaboración da veciñanza na campaña de recollida de alimentos de Nadal
07/01/2020 (Frades)

7 de xaneiro de 2020.- O concelleiro de Economía, Manuel Ferreiro Marzoa, valora moi positivamente o resultado da sexta campaña de recollida de alimentos que se realiza no municipio e que permitiu reunir varios centos de quilos de alimentos para as familias máis necesitadas do municipio. Unha campaña organizada polo Concello de Frades en colaboración con Cáritas, na que contaron coa cooperación dos supermercados Loli (Abellá) e Claudio e Tandy (Ponte Carreira), da Cooperativa Central de Frades e do CPI Ponte Carreira.

 

Manuel Ferreiro agradeceu “a participación e solidariedade amosada polos veciños e veciñas de Frades, que achegaron alimentos básicos como leite, aceite, azucre, pasta, arroz, legumes, conservas... que foron entregados a Cáritas antes do Nadal para o seu reparto entre as familias que máis o precisaban”.

 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo