Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
O Concello de Frades comeza a instalar dispensadores de xel hidroalcohólico en todas as instalacións públicas municipais
15/06/2020 (Frades)

Nunha segunda fase colocaranse nos exteriores dos lugares máis transitados do municipio

15 de xuño de 2020.- O Concello de Frades comezou a colocar dispensadores de xel hidroalcohólico en todas as instalacións públicas municipais como medida de protección contra o COVID-19 para os veciños e veciñas que utilizan estas instalacións. A colocación destes dispensadores iniciouse na casa consistorial, locais sociais, multiúsos, biblioteca, centro da terceira idade e instalacións deportivas municipais.

 

Así mesmo, nesta primeira quenda instalaranse tamén dispensadores nos centros de saúde de Ponte Carreira e Abellá, no colexio e nas igrexas das distintas parroquias. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, explica que “os dispensadores funcionan de xeito automático colocando as mans debaixo, polo que non é preciso que a persoa usuaria teña que tocar nada. Teñen capacidade para 1 litro de xel hidroalcohólico e son recargables”.

 

Unha vez finalice a instalación dos dispensadores nas instalacións públicas municipais, o Concello de Frades procederá á súa colocación tamén no exterior dos lugares máis transitados do municipio tales como os parques infantís das distintas parroquias ou as prazas onde teñen lugar as feiras de Ponte Carreira e Abellá.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo