Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
O Concello de Frades condena actos vandálicos perpetrados en espazos públicos
13/08/2020 (Frades)

O equipo de Goberno xa presentou a correspondente denuncia ante a Garda Civil e busca a colaboración cidadá para atopar as persoas culpables

13 de agosto de 2020.- O Concello de Frades presentou unha denuncia ante a Garda Civil polos actos vandálicos acaecidos a pasada fin de semana en varias instalacións públicas do municipio. Dende o executivo local, que dirixe o popular Roberto Rey, manifestan a súa preocupación pola rotura de cristais no campo de fútbol de Abellá e no consultorio médico desta mesma parroquia, así como as desfeitas realizadas na área recreativa de Aiazo. 
 
O rexedor de Frades, Roberto Rey, lamentou o sucedido, e incidiu na necesidade de que “estes actos non se volvan producir, posto que as instalacións atacadas pertencen a toda a veciñanza, polo que ao final só se ocasionan gastos públicos”. Así mesmo, Roberto Rey solicitou a colaboración cidadá para atopar as persoas responsables destes feitos.  
 
Os actos vandálicos da pasada fin de semana non supoñen feitos illados. Precisamente o pasado mes de xuño tamén se produciron desfeitas na contorna doutras instalacións fradenses. 
 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo