Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
O Concello de Frades convoca un curso de monitor/a de tempo libre de 350 horas lectivas
10/07/2020 (Frades)

Desconto especial de 50 euros para persoas empadroadas en Frades cunha antigüidade mínima de 1 ano

10 de xullo de 2020.- O Concello de Frades convoca un curso de monitor/a de tempo libre de 350 horas lectivas, 200 horas teóricas e 150 prácticas, e que terá lugar do 22 de xullo ao 31 de agosto. O prezo do curso será de 250 euros, cun desconto de 50 euros para persoas empadroadas en Frades cunha antigüidade mínima de 1 ano, e as inscricións poderán facerse ata o 21 de xullo.
 
As clases serán impartidas por Escola Galega de Tempo Libre: 90 horas presenciais obrigatorias e 110 horas en liña. As clases presenciais terán lugar no multiúsos de Frades os luns, mércores e venres, en horario de 16:00 a 21:00 horas. O horario das clases en liña fixarase o primeiro día de clase presencial, para adaptarse á proposta preferida polo alumnado. As clases prácticas, de 150 horas lectivas, deberán realizarse no prazo de 2 anos dende o remate da fase teórica. Unha vez realizadas, haberá que aboar 11,69 euros á Xunta de Galicia en concepto de taxas de expedición de título.
 
O curso capacita para a obtención da titulación oficial expedida pola Xunta de Galicia e inclúe un amplo programa de formación que inclúe: lexislación, animación e xogos, animación deportiva, primeiros auxilios, educación ambiental...
 
Inscricións
 
Para inscribirse é preciso encher a folla de inscrición (descargable na web municipal: www.frades.gal) e remitila xunto á documentación precisa ao correo electrónico: escolagalegatl@gmail.com. A documentación precisa é: fotocopia do DNI, título da ESO ou equivalente, resgardo de aboamento bancario do custo do curso e certificado de antigüidade mínima no padrón dun ano (no caso de poder acceder á devandita subvención).  No caso de dúbidas na tramitación, pódese contactar co Concello de Frades (981 695 567).
 
O Concello de Frades convoca un máximo de 25 prazas, que se cubrirán por orde de anotación, con preferencia a persoas empadroadas no municipio. Así mesmo, ofrécese a posibilidade de fraccionar o pago da matrícula (150 euros coa matrícula e 100 euros antes do 5 de agosto). 
 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo