Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
O Concello de Frades e Cáritas organizan a sétima campaña de Nadal para a recollida de alimentos para familias necesitadas
19/11/2020 (Frades)

Terá lugar do 23 de novembro ao 21 de decembro

19 de novembro de 2020.- O Concello de Frades, en colaboración con Cáritas, porá en marcha unha recollida de alimentos para as familias necesitadas do municipio. A campaña, que se organiza por sétimo ano consecutivo, estará aberta do 23 de novembro ao 21 de decembro. O obxectivo é recoller alimentos básicos: leite, aceite, azucre, pasta, arroz, legumes, conservas... que non estean caducados, non superen a data de consumo preferente e estean debidamente etiquetados. 
 
Este ano mantéñense os tradicionais seis puntos de recollida: os supermercados Loli (Abellá) e Claudio e Tandy (Ponte Carreira), a Cooperativa Central de Frades, o CPI Ponte Carreira e a propia Casa do Concello. O alcalde de Frades, Roberto Rey, agradece por adiantado “a colaboración tanto da veciñanza como dos distintos establecementos e entidades implicadas neste importante labor, que nos permitirá axudar ás familias máis necesitadas do municipio nestas datas tan sinaladas”. 
 
Durante as cinco primeiras edicións recolléronse uns 400 quilos de alimentos por campaña. Agora, o Concello de Frades fai un novo chamamento á colaboración da veciñanza e pon á súa disposición os teléfonos dos Servizos Sociais municipais (981 695 567) e de Cáritas (647 120 228) para resolver calquera dúbida.
 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo