Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
O Concello de Frades entrega a Cáritas os alimentos recollidos na campaña de Nadal
21/12/2020 (Frades)

21 de decembro de 2020.- O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, fixo entrega aos representantes de Cáritas no municipio os alimentos recollidos na Campaña de Nadal. Unha campaña que, por sétimo ano consecutivo, permitiu recoller alimentos básicos (leite, aceite, azucre, pasta, arroz, legumes, conservas...) así como produtos do Nadal, todos eles debidamente etiquetados e que non teñan superada a data de consumo preferente.

 

Roberto Rey amosa “o noso total agradecemento a todas as persoas que colaboraron na campaña, así como aos distintos establecementos e entidades que colaboran cada ano nesta recollida solidaria coas familias máis necesitadas de Frades”, ao tempo que quixo ter “unha mención especial ao CPI de Ponte Carreira, que achegou varias caixas de leite”.

 

Este ano aumentaron os puntos de recollida coa incorporación da perruquería Patricia Tacón (Abellá), que se une aos supermercados Loli (Abellá) e Claudio e Tandy (Ponte Carreira), á Cooperativa Central de Frades, ao CPI Ponte Carreira e á propia Casa do Concello.

 

 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo