Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
O Concello de Frades estende os seus Campamentos Municipais de Verán ata o vindeiro 4 de setembro
14/08/2020 (Frades)

Dáse, así, resposta á demanda dos pais e nais que solicitaban a ampliación das quendas deste programa de conciliación

14 agosto de 2020.- O Concello de Frades vén de ampliar o período dos seus Campamentos Municipais de Verán, un programa de conciliación da vida laboral e familiar durante as vacacións escolares que este ano incluirá medidas especiais de prevención fronte á Covid-19. Así, o Concello de Frades estenderá a oferta durante tres semanas máis, ata o 4 de setembro.

 

O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, explica que “a ampliación deste programa de conciliación familiar vén determinada polas solicitudes de pais e nais das crianzas participantes”. O rexedor lembra que as persoas que queiran apuntarse a estas novas quendas poden facelo no Concello de Frades (981 695 567) ou nos propios campamentos.

 

O horario mantense de luns a venres de 9:30 a 13:30 horas. As actividades desenvolveranse no CPI Ponte Carreira e instalacións municipais como a piscina, o pavillón polideportivo ou o campo de fútbol.

 

O programa diríxese a nenos e nenas en idade escolar, de entre 4 e 12 anos. Os prezos para esta ampliación son de 25 euros por quincena, e 37 euros polas tres semanas.  O Concello de Frades, organizador dos campamentos, conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Fondo Social da Unión Europea.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo