Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
O Concello de Frades prepara un amplo programa cultural para setembro
27/08/2020 (Frades)

O día 5 comezan as actividades coas actuacións do Mago Antón

Frades, 27 de agosto de 2020.- O Concello de Frades deseñou un completo programa de actividades culturais para o mes de setembro. Co obxectivo de ofrecer diferentes opcións de lecer para todas as idades, dende o departamento de Cultura planificaron un extenso proxecto de iniciativas culturais, especialmente teatrais.

 

O sábado 5 de setembro ofrecerase a primeira das actividades, Todo o día co Mago Antón, un espectáculo de maxia para todos os públicos. Esta actividade desenvolverase en distintos lugares e en varias sesións, posto que só poden asistir 30 persoas como máximo. Para poder acudir a algunha das actuacións, cómpre inscribirse antes do día 2 de setembro no Concello. As sesións terán lugar ás 11:30 e ás 12:30 horas, en Abellá, no campo de fútbol, mentres que na Praza de Ponte Carreira serán ás 16:00, 17:00, 18:00, 19:00, 20:00 e ás 21:00 horas.

 

A seguinte fin de semana, o sábado 12 de setembro, ás 20:00 horas en Ponte Carreira terá lugar a actuación Uxía Lambona e a banda molona. Ambos os espectáculos están incluídos no programa Cultura no Camiño, promovido por O teu Xacobeo, AGADIC, Consellería de Cultura e Turismo e Xunta de Galicia.

 

Por outra banda, e dentro do programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística, programáronse dúas actuacións para os nenos e nenas da vila. Así, a praza de Ponte Carreira acollerá o vindeiro 19 de setembro ás 20:00 horas a actuación Xan Perillán compra queixo, compra pan. O sábado 26 de setembro, no Edificio Multiúsos de Frades ás 11:30 horas, o espectáculo Os Bolechas no Camiño de Santiago chegará cos seus monicreques para entreter a nenos e nenas da vila.

 

En todas as actividades, o aforo estará limitado, haberá que manter as distancias, e usar máscara en todo momento, cumprindo con todas as medidas hixiénico-sanitarias de prevención contra a COVID-19. Por este mesmo motivo, as persoas que queiran asistir deben reservar con antelación na Casa do Concello. 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo