Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
O Concello de Frades prohibe as cacharelas de San Xoán e San Pedro en lugares públicos
17/06/2020 (Frades)

17 xuño de 2020.- O Concello de Frades vén de prohibir a realización en lugares públicos das tradicionais cacharelas nas noites de San Xoán (23 de xuño) e San Pedro (28 de xuño) como medida excepcional este ano debido á pandemia do COVID-19. Si estarán permitidas as cacharelas en leiras particulares, tras a comunicación previa dos veciños, veciñas ou entidades organizadoras ao Concello (981 695 567) antes do venres anterior á festa, é dicir, 19 e 26 de xuño, respectivamente.

 

Deste xeito, estarán prohibidas as cacharelas nos locais sociais e a súa contorna, prazas, parques, áreas recreativas e xardíns municipais, así como en calquera outro ben de dominio público de carácter especial. Pola contra, aquelas cacharelas que teñan lugar en espazos privados deberán cumprir unhas estritas normas de seguridade como manter en todo momento a distancia de seguridade de 1,5 metros, empregar máscara de protección e evitar grupos maiores de 20 persoas.

 

As cacharelas deberán observar as normas básicas de seguridade tanto no que se refire ao seu volume como á súa separación de edificios, árbores e tendidos eléctricos ou telefónicos. Ademais, non se poderá queimar plásticos, PVC, caucho, rodas ou materiais que poidan estalar, como os sprays. Tamén será preciso que a organización dispoña de material de extinción (extintores, mangueiras...) e que comprobe ao rematar a festa que as cinzas da cacharela queden totalmente apagadas, procedendo á retirada dos restos na maior brevidade posible. En caso de emerxencia, haberá que chamar ao 112.

 

No caso de facer caso omiso a estas normas básicas, os/as organizadores/as serán os responsables dos danos que se puidesen producir nos bens públicos e deberán aboar os gastos de reconstrución e reparación que sexan precisos. A Garda Civil vixiará o cumprimento destas normas, formulando a correspondente denuncia en caso do seu incumprimento e o inicio do correspondente procedemento sancionador.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo