Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
O Concello de Frades prohibe temporalmente o uso de auga da traída municipal para rega e enchido de piscinas
27/07/2020 (Frades)

 
27 de xullo de 2020.- O Concello de Frades vén de prohibir a utilización da auga procedente da traída municipal para o enchido de piscinas ou a rega de cultivos e xardíns, actuacións para as que a veciñanza pode seguir empregando mananciais ou pozos propios, no seu caso. Unha decisión amparada polo artigo 14 J do Regulamento municipal de abastecemento de auga e saneamento do Concello de Frades e que busca garantir o mantemento da subministración para uso domiciliario e das explotacións gandeiras.
 
O Concello de Frades decidiu adoptar esta medida debido aos problemas puntuais coa subministración de auga en determinadas zonas do municipio debido a que o mes de xullo está a ser especialmente seco e a unha avaría, xa solucionada, nunha das bombas de captación do río Tambre.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo