Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
O Concello de Frades propón dúas citas deportivas para rematar o mes de agosto
13/08/2020 (Frades)

O día 22 terá lugar o campionato de pádel nas instalacións da piscina e o 29 o Día da Bicicleta cunha ruta pola vila

13 de agosto de 2020.- A axenda de agosto do Concello de Frades inclúe dúas citas deportivas para as últimas fins de semana. O vindeiro 22 de agosto terá lugar o campionato de pádel nas instalacións da piscina municipal a partir das 16:00 horas, e o sábado 29 de agosto o Día da Bicicleta cunha ruta polo Concello, con saída a partir das 11:00 horas dende a Praza pública de Ponte Carreira.  Ambas as actividades desenvolveranse de acordo coas recomendacións das autoridades sanitarias para facer fronte á Covid-19. Neste contexto, a celebración de ambos os eventos queda supeditada en todo momento a que as condicións sanitarias por mor da pandemia o permitan. 
 
A inscrición no campionato de pádel do vindeiro sábado 22 de agosto é de balde, e debe formalizarse no Concello antes do 20 de agosto. Haberá premios especiais para os finalistas da competición. 
 
Pola súa parte, a ruta en bicicleta prevista para o 29 de agosto tamén require inscrición previa no Concello antes do día 27 de agosto. Ademais, todas as persoas participantes desta actividade, deseñada para todas as idades, estarán obrigadas a usar casco durante o paseo. Ao rematar, realizarase unha merenda e todas as persoas que pedalearon nesta excusión recibirán un agasallo por parte do Concello. 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo