Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
O Concello de Frades reparte material coa lenda “Todo está na nosa man” ao alumnado do colexio de Ponte Carreira e á veciñanza
25/11/2020 (Frades)

A campaña está baseada nun deseño de Rubén Fariñas, alumno de 2º da ESO

25 de novembro de 2020.- O Concello de Frades conmemorou este 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, repartindo camisetas, adhesivos e carteis coa lenda “Todo está na nosa man” e o logotipo deseñado por Rubén Fariñas, alumno de 2º da ESO do IES de Ponte Carreira. 
 
Un reparto que se centralizou no colexio, da man do concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro Marzoa. Porén, á campaña tamén se sumaron non só os empregados municipais e os integrantes da brigada de obras, senón tamén distintos negocios e entidades de Frades.
 
Os actos conmemorativos rematarán este sábado 28 de novembro, data para a que está programada unha actuación a prol da igualdade: “Rockeamos todas con Pakolas”. Trátase dun espectáculo musical onde as protagonistas son as mulleres e as nenas, que contan a través de Pakolas as súas historias de loita e superación a ritmo de rock. A cita é no multiúsos de Frades ás 17:00 horas. A entrada é gratuíta, se ben é preciso reservala chamando ao 981 695 567.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo