Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
O Concello de Frades vén de investir máis de 50.000 euros na mellora de dous camiños rurais en Gasalla e Xeza
15/09/2020 (Frades)

As obras foron financiadas cunha achega de 42.505 euros da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

15 de setembro de 2020.- O Concello de Frades vén de rematar os traballos de mellora de dous camiños rurais en Gasalla (Abellá) e Xeza (Galegos-Mesos), que suman máis de 2,5 quilómetros de lonxitude e nos que investiu 51.431,05 euros. Unha actuación incluída no Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, promovido pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), que achegou unha axuda de 42.505 euros.

 

As actuacións realizáronse nas pistas de Gasalla, de 875 metros de lonxitude e un ancho de 3,5 metros, e no camiño a Xeza, de 1.655 metros de longo por 4 metros de ancho. En ambos os casos, a empresa adxudicataria, Cosmalca SL, procedeu á limpeza de gabias de ambas as marxes da pista e á reparación das fochancas e ao perfilado de mordentes no 20% da superficie con pedra e tratamento asfáltico semiprofundo. Así mesmo, mellorouse a capa de rodada a través dun tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma.

 

Ademais, para unificar o tipo de superficie, pavimentáronse os abanicos transversais das dúas pistas con doce centímetros de pedra e triplo rego asfáltico. Finalmente, no caso do camiño a Xeza colocouse un novo sinal de Stop, mentres que no camiño de Gasalla instaláronse 14 metros de cano de formigón, de 40 centímetros de diámetro, para a drenaxe de pluviais.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo