Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
O XVII Campionato Municipal de Pesca Infantil do Concello de Frades congregou a 30 nenos e nenas
14/07/2020 (Frades)

14 de xullo de 2020.- A edición número dezasete do Campionato Municipal de Pesca Infantil de Frades reuniu esta fin de semana a uns oitenta veciños e veciñas do municipio, entre eles os trinta nenos e nenas menores de 16 anos que tomaron parte no torneo. Un campionato que por segundo ano consecutivo tivo lugar na área recreativa da piscina municipal (Papucín) e que se desenvolveu baixo as medidas preventivas recomendadas fronte á Covid-19.
 
A Consellería de Medio Ambiente colaborou no evento coa solta de 100 exemplares de troita, dos que 25 foron capturados polos nenos e nenas que participaron no campionato, coa colaboración dunha persoa adulta. Ademais de levaren esas pezas para as súas casas, toda a rapazada levou tamén unha medalla conmemorativa e unhas lambonadas, que lles foron entregadas polos concelleiros de Medio Rural, Manuel Ferreiro; e Xuventude, Juan Carlos Portos.
 
O campionato rematou cun pequeno almorzo a base de empanada e bolos para que todos e todas, crianzas, pais, nais, avós e avoas, puideran repoñer forzas. Este ano, como medida especial, todas as persoas presentes, tanto crianzas como adultas, tiveron que levar máscaras de protección.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo