Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Os Reis Magos chegarán mañá sábado a Frades cunha cabalgata polas rúas de Ponte Carreira e cunha Festa de Reis no polideportivo
03/01/2020 (Frades)

3 de xaneiro de 2020.- Os Reis Magos volverán chegar un día antes a Frades, concretamente mañá sábado 4 de xaneiro, onde ás 16:00 horas participarán nunha cabalgata polas rúas de Ponte Carreira e despois nunha gran Festa de Reis no polideportivo municipal, entre as 17:00 e as 20:00 horas. Unha actividade na que o Concello de Frades conta coa colaboración da ANPA CPI Ponte Carreira e da agrupación folclórica Sarillo de Aiazo, que volverá poñer a nota musical.

 

A sétima Cabalgata de Reis de Frades percorrerá as rúas de Ponte Carreira a partir das 16:00 horas, de onde sairán a paso lento pola rúa do Ensino ata chegar ao polideportivo municipal de Ponte Carreira. Un desfile no que as Súas Maxestades estarán acompañadas pola música do grupo folclórico Sarillo de Aiazo e por varias mascotas.

 

Ás 17:00 horas, o polideportivo municipal acollerá unha gran Festa de Reis con inchables, animacións, xogos populares, bailes, lambetadas, mascotas, obradoiros e un canón de neve, que repite despois do grande éxito conseguido o ano pasado.  Así mesmo, repartirase chocolate e roscón de Reis entre todas as persoas participantes.

 

Este é o sétimo ano consecutivo que se organiza a cabalgata no Concello de Frades. Unha iniciativa que se programou inicialmente un día antes do habitual debido a que as familias do municipio tiñan xa o costume de levar as crianzas aos desfiles de Santiago ou de Ordes, pero que resultou un grande éxito de participación, o que fixo que se mantivera xa como tradición que os Reis Magos cheguen un día antes do habitual ao municipio.

 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo