Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Os voceiros dos tres grupos municipais de Frades incorpóranse á Comisión Municipal de Seguimento do COVID-19
02/04/2020 (Frades)

2 de abril de 2020.- O alcalde do Concello de Frades, Roberto Rey Martínez, mantivo unha reunión cos voceiros dos tres grupos políticos municipais para informarlles das medidas que se están tomando dende o inicio da alerta sanitaria polo coronavirus e incorporalos tamén á Comisión Municipal de Seguimento do COVID-19. Un encontro no que participaron os voceiros do Partido Popular, Manuel Ferreiro Marzoa; do PSOE, Enrique Astray Otero; e do BNG, Manuel Míguez Villaverde.

 

Roberto Rey explicou que entre as medidas levadas a cabo nestas semanas destacan a posta en marcha dun servizo de atención ás persoas maiores que viven soas e ás familias máis necesitadas do municipio, que é xestionado dende os Servizos Sociais municipais. Así mesmo, o Concello está a achegar medios de protección (máscaras, luvas, epis, xeles…) tanto ás auxiliares de axuda no fogar como ás persoas que traballan nos negocios que están abertos no municipio: supermercados, tendas de alimentación, tendas de subministración de materiais agrícolas, farmacias, gasolineira, funeraria....

 

En concreto, o Concello está a colaborar cos centros de saúde do municipio tanto na achega de material como na desinfección exterior e interior dos inmobles. Uns traballos de limpeza e desinfección que tamén se están a levar a cabo no exterior dos negocios abertos ao público no municipio, así como nos contedores do lixo.

 

Finalmente, o alcalde anunciou que o Concello devolverá as taxas das actividades formativas, culturais e deportivas do último trimestre do curso, correspondentes aos meses de marzo,abril e maio. Así mesmo, lembrou que na casa consistorial están operativos todos os servizos: Tesourería, Urbanismo e Secretaría na modalidade de teletraballo; e resto con atención telefónica ou con cita previa (Rexistro, Padrón, Traballadora social, Xulgado de paz).

 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo