Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Récord de participación na tradicional viaxe a Xuvenlugo: 110 veciños e veciñas de Frades
02/01/2019 (Frades)

2 de xaneiro de 2019.- Un total de 110 veciños e veciñas de Frades participaron na tradicional excursión que organiza todos os anos o Concello de Frades a “Xuvenlugo”, unha feira lucense que inclúe diversas atraccións e xogos dirixidos ao público infantil e xuvenil. Unha cifra que supón un récord de participación e 40 persoas participantes máis có ano pasado.

 

O Concello de Frades puxo dous autobuses de balde para todos os veciños e veciñas empadroados no municipio, polo que só tiveron que aboar a entrada ao recinto, que era de 5 euros. As persoas non empadroadas en Frades tiveron que aboar 3 euros adicionais para sufragar a viaxe en autobús.

 

Xa en Xuvenlugo, todas as persoas puideron desfrutar dos inchables, dos coches de choque e do muro de escalada, así como participar nos obradoiros (de videoxogos e globoflexia) e varias atraccións (tren da bruxa, saltón e camas elásticas) ás que daban acceso a entrada ao recinto. As outras actividades (como a tirolesa, o paintball, o minigolf, o scaléxtric ou o kárting infantil) non estaban incluídas na entrada, pero non foron poucos os veciños e veciñas de Frades que participaron nelas.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo