Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Rematan os campamentos municipais de verán máis longos na historia de Frades
09/09/2020 (Frades)

9 setembro de 2020.- O Concello de Frades vén de clausurar os seus campamentos municipais de verán que, debido á pandemia da Covid-19 e ás peticións realizadas dende as familias, finalmente tiveron lugar ata o presente mes de setembro. Deste xeito, esta edición convértese na máis longa na historia do municipio, pois os campamentos desenvolvéronse entre o 29 de xuño e o 4 de setembro.

 

O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, agradece o bo comportamento dos 25/30 nenos e nenas, de entre 4 e 12 anos, que participaron nas distintas quendas, así como o das súas familias, para que os campamentos tiveran lugar de acordo cos protocolos de seguridade marcados polas autoridades sanitarias e sen ningún tipo de incidencia. Así mesmo, agradece tamén a colaboración da Dirección do CPI de Ponte Carreira, que cedeu as súas instalacións para a realización dos campamentos, así como o bo facer dos/as monitores/as de Vagalume, ocio e tempo libre.

 

Para a despedida dos campamentos, este ano optouse por unha peculiar cerimonia dos Óscar, que se sumou aos distintos obradoiros, sesións de cine e saídas á piscina ou aos campos de fútbol municipais organizadas durante os últimos meses.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo