Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Sesenta veciños e veciñas de Frades participan na I Andaina Solidaria para a recollida de xoguetes para Cruz Vermella
30/12/2019 (Frades)

30 de decembro de 2019.- Uns sesenta veciños e veciñas de Frades participaron na primeira edición da Andaina Solidaria para a recollida de xoguetes para Cruz Vermella, organizada polo Concello de Frades. Unha iniciativa solidaria que tivo lugar na mañá de onte domingo e na que as persoas participantes intercambiaron xoguetes novos, ou seminovos en bo estado, por unhas faldriqueiras.

 

O tempo acompañou e a andaina arrincou ás 10:35 horas da praza de Ponte Carreira encabezada polo alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, quen estivo acompañado por distintos membros da corporación municipal. A expedición percorreu 3,5 quilómetros ata a capela de Augas Santas, onde fixeron unha parada de 10 minutos para repoñer forzas con froita, galletas e bebida. Despois iniciouse o camiño de volta a Ponte Carreira, onde ao rematar houbo chocolate e rosca para todas as persoas participantes.   


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo