Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Un total de 150 nenos e nenas de Frades participarán mañá martes na visita dos Reis ás parroquias de Abellá, Frades e Gafoi
04/01/2021 (Frades)

4 de xaneiro de 2021.- Un total de 150 nenos e nenas de Frades están inscritos para participaren mañá martes 5 de xaneiro na visita que os Reis Magos realizarán ás parroquias de Abellá, Frades e Gafoi (Ponte Carreira). Unhas visitas que este ano estarán condicionadas pola situación sanitaria.

 

Así, o Concello de Frades atrasou ao 5 de xaneiro a súa tradicional data de celebración desta visita, que sempre tivo lugar o 4 de xaneiro, para evitar que se acheguen nenos e nenas doutros municipios. Así mesmo, para evitar aglomeracións, estableceu tres puntos de encontro coa rapazada, que previamente reservou a súa entrada.

 

Deste xeito, a comitiva Real, acompañada por Elsa e Olaf de Frozen, recibirán de 12:00 a 13:00 horas a un total de 30 nenos e nenas no exterior do pavillón municipal de Abellá. De 15:45 a 16:45 horas, será a quenda doutras 30 crianzas no exterior do multiúsos de Frades. En ambos os dous casos, a visita trasladaríase ao interior dos recintos en caso de choiva. As visitas rematarán na praza pública de Ponte Carreira, onde a partir das 17:00 horas está prevista a asistencia de 90 nenos e nenas. En caso de choiva, a visita trasladaríase ao pavillón municipal de Ponte Carreira.

 

A visita realizarase de acordo cos máis estritos protocolos anti-covid. Así, non haberá reparto de caramelos, senón que cada neno/a recibirá unhas lambonadas correctamente empaquetadas. Ademais, todas as persoas que asistan á visita deberán manter a distancia de seguridade, levar máscara e usar xel desinfectante.

 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo