Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Un total de 48 veciños e veciñas de Frades percorren a terceira etapa da “Vía da Prata”, entre Ourense e San Cristovo de Cea
10/02/2020 (Frades)

A próxima etapa, 19 km entre San Cristovo de Cea e O Castro (Dozón), terá lugar o sábado 7 de marzo

10 de febreiro de 2020.- Un total de 48 veciños e veciñas de Frades participaron na terceira etapa do Camiño de Santiago “Vía da Prata”, que tivo lugar este sábado organizada polo Concello de Frades. A expedición cubriu os 22,1 quilómetros que separan Ourense de San Cristovo de Cea.

 

A próxima cita está fixada para o sábado 7 de marzo, cando se afrontarán os 19 quilómetros que separan San Cristovo de Cea do Castro, no municipio de Dozón. O prezo mantense nos 10 euros por persoa (non inclúe xantar) e as inscricións poden formalizarse no Concello de Frades ou chamando aos teléfonos 981 695 567 ou 981 695 663.

 

Esta é a cuarta Ruta Xacobea que afronta a veciñanza de Frades, que xa ten cuberto o Camiño Francés, o Camiño de Fisterra e o Camiño de Muxía. Estes 131,9 quilómetros da Vía da Prata serán afrontados en sete etapas, que terán lugar os sábados nos que a climatoloxía o permita.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo