Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Unha trintena de nenos e nenas participaron nos campamentos de conciliación de Nadal
07/01/2021 (Frades)

7 de xaneiro de 2021.- Unha trintena de nenos e nenas participaron nos campamentos de conciliación de Nadal, organizados polo Concello de Frades. Uns obradoiros que tiveron lugar durante oito días no polideportivo municipal de Ponte Carreira, en horario de 9:30 a 13:30 horas.

 

Uns campamentos nos que desfrutaron de distintos xogos e obradoiros, sempre con material de uso individualizado e debidamente empaquetado, cos que elaboraron distintos adornos de Nadal. Así mesmo, organizaron a súa propia festa de fin de ano, divididos sempre en pequenos grupos segundo a súa idade, onde ademais de desfrutar da toma das uvas con 12 horas de adianto sobre o resto da veciñanza tamén elaboraron unhas divertidas lentes para recibir ao novo ano 2021.

 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo