Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Veciños e veciñas aprenden primeiros auxilios nun curso organizado pola Cruz Vermella da Coruña en colaboración co Concello de Frades
03/02/2020 (Frades)

3 de febreiro de 2020.- Un total de 16 veciños e veciñas de Frades e Mesía participaron nun curso de iniciación aos primeiros auxilios, organizado pola Cruz Vermella da Coruña, en colaboración co Concello de Frades, e impartido o pasado sábado no multiúsos fradense. Durante cinco horas, Alejandro Fernández Ruanova, técnico de emerxencias sanitarias, explicoulles os conceptos e técnicas básicas de primeiros auxilios.

 

O alumnado foi recibido polo concelleiro de Promoción Económica de Frades, Jesús Miguel Prado Cea, quen acto seguido se sumou ao curso como un alumno máis. Prado Cea aproveitou para lembrar que o Concello de Frades vén de mercar dous desfibriladores externos semiautomáticos, que están emprazados nas instalacións dos campos de fútbol do Vedral (Abellá) e de Ponte Carreira e que permiten realizar a reanimación cardiopulmonar (RCP).

 

De feito, durante o curso o alumnado recibiu os fundamentos básicos dos primeiros auxilios, así como nocións mínimas sobre as técnicas de reanimación cardiopulmonar. As persoas participantes mesmo puideron empregar un manequín de RCP para poñer en práctica os coñecementos adquiridos.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo