Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
A Mancomunidade de Ordes impartirá o curso denominado “Conectadas”, que está dentro do “Programa de promoción da igualdade e prevención e tratamento da violencia de xénero”
19/08/2020 (Mancomunidade)

A Mancomunidade de Ordes impartirá o curso denominado “Conectadas”, que está dentro do “Programa de promoción da igualdade e prevención e tratamento da violencia de xénero”. 

Este programa procura promover a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e previr e tratar a violencia de xénero, mellorando a autonomía das mulleres e reducindo a fenda dixital entre sexos.

O obxectivo fundamental será dotar ás persoas participantes das ferramentas dixitais que lles permitan manexarse de forma autónoma na realización de trámites coa administración pública, busca de emprego e acceso a recursos.

Os contidos que se van impartir serán os seguintes:

  • Competencias dixitais básicas
  • Concepto de Internet: funcionalidades
  • Seguridade en Internet e nos sistemas de información
  • Relación dixital coas administracións públicas
  • Cultura dixital: redes en Internet.

As sesións desenvolveranse en modalidade de teleformación. A inscrición pódese realizar nas oficinas da Mancomunidade de Ordes, situadas nos baixos da alameda de Ordes. Para máis información pódese chamar aos teléfonos 981680002 (Marisé, axente de igualdade) e 607642863 (Mónica, técnica de prevención de drogodependencias).

O prazo para inscribirse neste curso de formación “Conectadas” será ata o 28 de agosto de 2020.

Datas: Comezarán no mes de setembro.

Colectivo destinatario: Mulleres da comarca de Ordes.

O curso conta co apoio e financiamento do Fondo Social Europeo, a Secretaría Xeral de Igualdade e o Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo