Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
A presidenta da Mancomunidade e concelleira de Política social do Concello de Ordes clausura o programa de mobilidade xuvenil Galeuropa 2019
02/12/2019 (Mancomunidade)

Ordes, 02 de decembro de 2019. Esta mañá a Mancomunidade de Ordes levou a cabo o último acto dentro do programa de mobilidade transnacional xuvenil, Galeuropa. Un obradoiro de emprego no que, entre outros aspectos, se abordaron as canles de busca de emprego e outras relacionadas coa promoción das persoas demandantes. En total participaron 15 mozos e mozas entre os 18 e os 30 anos, os mesmos que nos últimos meses se desprazaron ata Portugal, Malta e Italia para realizar prácticas laborais en distintos sectores e mellorar o idioma estranxeiro.

Tras a finalización do obradoiro procedeuse á celebración do acto de clausura do programa Galeuropa 2019, ao que asistiron a Presidenta da Mancomunidade, Susana García Gómez, o alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, e a concelleira de Muller, Ensino e Benestar social do concello de Oroso, Isabel Fernández Gallego. Neste acto as persoas participantes puideron intercambiar opinións cos representantes da Mancomunidade.

O programa Galeuropa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e implantado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a través de Iniciativa de Emprego Xuvenil. O seu principal obxectivo é o de reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais, co fin de mellorar a formación e a adquisición de experiencia para a inserción laboral.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo