Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Comeza a xincana lingüística do SNL da Mancomunidade de Ordes
14/07/2020 (Mancomunidade)

Como cada verán o Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Mancomunidade de Ordes ofrécelles aos nenos e nenas da comarca a oportunidade de participar na súa xincana lingüística. Trazo, con 4 grupos de máis de 30 nenos e nenas en total, foi a primeira parada, colléndolle o relevo Frades, ambas a semana pasada.
O obxectivo xeral desta iniciativa é estimular nas xeracións máis novas actitudes favorables que se traduzan nun uso xeneralizado do galego nun clima no que se mestura a parte lúdica e divertida coa aprendizaxe de léxico deportivo e información sobre deportistas galegos e galegas. A xincana consta de varias partes onde se mesturan carreiras de obstáculos, xogos de pasar a bóla ou outros similares a populares como o pano e tras os cales os nenos e nenas terán que resolver preguntas sobre deportistas galegos e galegas, adiviñas sobre deportes e outras pistas e definicións sobre léxico relacionado coa actividade deportiva.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo