Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
MEDIDAS E RECOMENDACIÓNS ANTE A PANDEMIA DE CORONAVIRUS
12/03/2020 (Mancomunidade)

 

Susana García Gómez, Presidenta da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes

RESOLVE:

 

MEDIDAS E RECOMENDACIÓNS ANTE A PANDEMIA DE CORONAVIRUS

Como consecuencia da situación xerada pola evolución do coronavirus COVID-19 é necesario a adopción de medidas de prevención e contención extraordinarias polas autoridades, co fin de garantir a protección da saúde pública.

As presentes medidas aplicaranse dende o día 13 de marzo de 2020 e estarán vixentes ata o día 30 de marzo de 2020.

1.- Suspensión de todas as actividades culturais e educativas (cursos competencias clave, preparación Celga) organizadas pola Mancomunidade de Ordes en edificios e instalacións municipais.

2.- Peche dos edificios e instalacións seguintes:

  • Sede da Mancomunidade de Ordes.
  • Oficina do Servizo de Atención Temperá.
  • Oficina do Servizo de Prevención de condutas adictivas.

3.- Atención ao público polos servizos administrativos na Sede da Mancomunidade de Ordes.

No resto de servizos administrativos a atención será exclusivamente telefónica e telemática. No caso de ser precisa atención presencial deberá solicitarse previamente en cada servizo.

Poderase obter información actualizada a través da web municipal, www.info@mancomunidadeordes.gal

Por último, recoméndase que se extremen os coidados persoais, se cumpra coas recomendacións feitas públicas polas autoridades sanitarias e se tomen medidas para evitar que os contaxios continúen aumentando.

É obriga e responsabilidade de todos e todas tomar as precaucións precisas tanto para preservar a nosa saúde e a das nosas familias, como para axudar a que o sistema sanitario non colapse e os seus profesionais poidan continuar a desenvolver o seu traballo coa eficacia, dedicación e entrega que tan ben o están facendo ata o de agora.

 

Ordes, 12 de marzo de 2020

A Presidenta

 

 

Susana García Gómez


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo