Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Tordoia, nova parada da xincana lingüística
21/07/2020 (Mancomunidade)

21 de xullo de 2020.  O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes continúa adiante coa súa xincana lingüística. Desta volta foi a quenda para 19 nenos e nenas de Tordoia, que desfrutaron cunha carreira de obstáculos e outros xogos tipo o pano e de pasar a pelota ao tempo que dicían palabras correctas en galego relacionadas co léxico deportivo. Ademais, tamén tiveron que resolver preguntas sobre deportistas de Galicia, adiviñas e outras pistas e definicións relacionadas co deporte. Unha maneira de divertirse en grupo aprendendo e fomentando o uso do galego.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo