Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
120.000 € para melloras viarias no polígono de Merelle
06/11/2019 (Ordes)

O Concello de Ordes levou a cabo a reconstrución de máis de 2853 metros cadrados de beirarrúas en diversos puntos da zona industrial

Ordes, 6 de novembro de 2019.  119.999,98 euros é o investimento realizado polo Concello de Ordes para remodelar varios tramos de beirarrúas no polígono industrial de Merelle, cunha lonxitude total de 2.853 metros cadrados. A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu unha subvención de 93.399,87 euros para esta obra.

    Na superficie total contemplada e nunha lonxitude de 1.800 metros diferéncianse 990 metros de reposición completa das beirarrúas existentes dun metro de ancho, as cales presentaban un moi deficiente estado de conservación. Nelas colocouse un bordo de formigón e a canalización para o sistema de iluminación pública. Súmanselles outros 810 metros de ampliación do ancho actual en 2,30 metros. En todos os casos previamente procedeuse coa demolición, nivelación e compactación do pavimento xa existente. Tamén se procedeu coa canalización de 315 metros de media e baixa tensión con tubos de polietileno.

     Completan a obra a execución das arquetas con sumidoiro e unha partida para a adaptación de pozos e arquetas xa existentes á nova rasante.

 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo