Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
146 veciños e veciñas de Ordes desfrutan coa "Andaina de Inverno" nas Medulas
27/01/2020 (Ordes)

O sábado 25 de xaneiro foi a data elixida para que 146 veciños e veciñas do noso municipio calzaran as súas botas de sendeirismo para desfrutar da "Andaina de Inverno" organizada polo Concello de Ordes e o club K2Ordes.
 
Pola mañá, ben cedo, esperaban na Alameda de Ordes 3 autobuses e pouco a pouco foron chegando todas as persoas inscritas para poñer rumbo á comarca do Bierzo, na provincia de León, para visitar o contorno paisaxístico das Medulas. Unha vez chegadas ao destino, todas as persoas asistentes á andaina quedaron abraiadas coa espectacularidade do contorno no que se atopaban, ao que acompañou ademais tanto unha fantástica climatoloxía como unha perfecta organización por parte do Club K2Ordes, feito que quixo destacar a concelleira de Deportes do Concello de Ordes, Ana Soneira. Ademais de Ana Soneira, os concelleiros Pablo Vázquez e Abel Blanco tamén formaron parte da expedición.
As Medulas é un contorno paisaxístico que ten a denominación de «Parque Cultural», formouse como consecuencia dunha antiga explotación mineira de ouro e está considerada como a maior mina de ouro a ceo aberto de todo o Imperio romano.
 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo