Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
A Biblioteca Municipal de Ordes pon á disposición do seu público un fondo local con autores, autoras e temáticas da zona
06/03/2020 (Ordes)

Está composto por máis de 200 referencias entre folletos, libros, revistas etc.

 
 
A Biblioteca Municipal de Ordes pon á disposición dos seus usuarios e usuarias un novo fondo local composto por publicacións de autores e autoras locais e do resto da comarca, así como de temáticas relacionadas coa zona. O dito fondo, con máis de 200 referencias variadas, inclúe dende obras literarias a folletos, revistas, trípticos e material audiovisual. 
 
Con todo este material Ana López Brey, impulsora deste proxecto, creou un centro de interese a día de hoxe xa incluído no catálogo público OPAC (https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal). As persoas que queiran consultar e facer uso deste fondo deberán facelo en horario de mañá de luns a venres. 
 
A responsable da biblioteca anima a todos os veciños e veciñas a realizar doazóns “de obras relacionadas con Ordes, a súa historia, os seus veciños e veciñas máis destacadas etc, co fin de custodiar todo este legado histórico na mesma biblioteca”, afirma.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo