Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
A igrexa de Santa María acolle a homenaxe ao Soldado Lois
01/11/2019 (Ordes)

Debido ás condicións meteorolóxicas o templo ordense foi escenario da tradicional misa. Posteriormente o alcalde de Ordes e o coronel comandante do Terzo Norte de Ferrol trasladáronse ata a tumba mausoleo do ilustre veciño, no cemiterio do Piñeiro, para depositar unha coroa de loureiro

Ordes, 1 de novembro de 2019. A chuvia caída esta mañá en Ordes obrigou a cambiar o programa previsto na homenaxe que como cada ano se lle brinda a Manuel Lois García, o 'Soldado Lois', o Día de Todos os Santos. Deste xeito a misa homenaxe trasladouse do cemiterio do Piñeiro, lugar habitual, á igrexa parroquial de Santa María de Ordes.

      José Luis Martínez Sanjurjo e Juan Ruesta Botella, alcalde de Ordes e coronel comandante do Terzo Norte de Ferrol respectivamente, foron os encargados de presidir os actos conmemorativos, aos que tamén asistiron, entre outras autoridades e mandos, José María Sanz Alisedo e Luis García Cortizas, coronel e capitán do Terzo Norte respectivamente; Jesús del Río Caamaño, capitán adxunto do sector de Tráfico da Garda Civil da Coruña; Francisco Javier Jambrina Rodríguez, coronel xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña; Luís Nicolás Arroyo Pérez, capitán xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña; así como Eduardo Rodríguez Regos, oficial da Policía Local de Ordes.

      Ata o templo tamén se desprazaron, ademais de numerosos veciños e veciñas, gran parte dos concelleiros do Goberno local e representantes doutros concellos da comarca.

      Tras o acto litúrxico, unha comitiva, entre os que non faltaron militares, ademais do rexedor ordense e o coronel comandante, trasladouse ata o cemiterio do Piñeiro para depositar unha coroa de loureiro ante a tumba mausoleo, rendendo así honores ao ilustre veciño finado no ano 1937 e condecorado posteriormente coa Cruz Laureada de San Fernando.



Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo